Monday 16 de September de 2024

A Biblioteca acolle ata o 29 de xullo a exposición “Recordos do mundo”, da artista naronesa Elena Macía


A sala de exposicións da planta soto da Biblioteca municipal acolle dende hoxe, e ata o vindeiro 29 de xullo, a mostra de pintura “Recordos do mundo”, con obras da artista naronesa Elena Macía Castro. A edil de Bibliotecas, Mercedes Taibo, indicou que que a exposición está composta de catorce pinturas, a maior parte acrílicos e coa paisaxe como temática predominante.

Macía iniciouse no mundo da arte dun xeito autodidacta hai máis de trinta anos e durante a súa traxectoria impartiu clases de iniciación á pintura a nenas e nenos de familias vulnerables. Algunhas das súas obras formaron xa parte de mostras colectivas noutras instalacións municipais, como os centros cívicos sociais de Piñeiros e San Xiao e tamén no de San Vicente, en Meirás (Valdoviño) ou en espazos tanto públicos como privados de Mallorca.

A exposición poderase ver os luns e mércores en horario de tarde, de 18.00 a 21.00 horas, e de martes a venres entre as 10.00 e as 13.00 horas, tal e como apuntou a edil naronesa, que animou á veciñanza a acudir á mesma para coñecer o traballo da artista naronesa.